obradoiros


A actividade de taller, levarase a cabo durante os días 24 e 25 coas conclusións o 26. En principio o lugar de traballo será o soto do edificio de Departamentos, para ter maior flexibilidade de horarios, pero esto está todavía por confirmar.

O ámbito de traballo será a ría de Arousa, da que se analizarán diferentes aspectos que iremos concretando en próximas datas.
Os 40 participantes estarán divididos en 6 grupos de 7 persoas, que estarán titorados por un egresado do máster de urbanismo da UdC do pasado ano. Mentres que o conxunto do taller estará rexido por Carles Llop, Xabier Eizaguirre e Javier Harguindey (e pode que con algunha colaboración).

No primero día de talleres farase unha presentación do ámbito e de aspectos do traballo supramunicipal por parte de Henrique Seoane e Cristina Fontán.
Tras os dous días de traballo, as conclusións serán presentadas e debatidas o sábado 26 no salón de actos da Fundación Seoane




HORARIOS

XOVES 24
_9-10.30h. Presentación ámbito
"A formación da urbanidade na contorna do Mar de Arousa" : Henrique Seoane + Juan C. Mancho
"Complexidade urbana da ría de Arousa" : Cristina García Fontán
_10.30h-13h. Inicio do Obradoiro. Presentación do tema a cada grupo por parte do seu titor
_13-14h. Posta en común das primeiras impresións e presentación xeral dos temas a todos ós alumnos
_A partir das 16h ronda dos directores

VENRES 25
_9-10h. Conferencia Carles Llop
_10h. Inicio do Obradoiro
_13-14h. Posta en común do traballo realizado e mostra de obxectivos de cada grupo
_A partir das 16h ronda dos directores

SÁBADO 26
_10h. Presentación das conclusións do Obradoiro na Fundación Luis Seoane