viernes, 25 de marzo de 2011

Presentación Conclusions

CONCLUSIÓNS DO OBRADOIRO

A presentación de resultados será mañá na FUNDACIÓN LUIS SEOANE.
Comezaremos ás 10.00h.

martes, 22 de marzo de 2011

CONFERENCIAS E ACREDITACIÓN

Para evitar retrasos no horario das conferencias, a acreditación para as xornadas se fará na Planta 0 da ETSAC entre as 9.30-9.45h e ata as 10.15 aproximadamente para poder facer a inaguración.

As conferencias serán no salón de actos da Planta 0, e se retransmitirán na Planta -1.

Desculpar tamén a ausencia de Juan Freire na mesa redonda por motivos de axenda.

Presentación

miércoles, 9 de marzo de 2011

Achégase o peche de Inscricións

O luns 14 ás 9h rematan os prazos de apuntamento.

Recordade que hai dous modelos de inscrición, un para as conferencias e outro para conferencias+obradoiros. Para inscribirse so é preciso mandar un mail segundo o procedemento explicado no apartado de inscricións. Para confirmar a vosa inscrición, recibiredes de inmediato un mail conforme foi recibido. Aqueles que non recibades o mail, comprobade que os vosos datos estan ben e reenviadeo ate recibir a confirmación.

Todo correo recibido a partir das 9h do luns será considerado como nulo. Aqueles que desexedes asistir ás conferencias sin anotarvos, podedes facelo líbremente (pero sin dereito a diploma)

RECORDADE QUE DO 15 AO 18 DEBEDES CONFIRMAR NO LOCAL DE ESTUDANTES A VOSA PARTICIPACIÓN NOS OBRADOIROS. (A lista de admitidos e de espera será publicada o longo do día 14 neste blog)

jueves, 3 de marzo de 2011

TESE DE PARTIDA

Existen unha serie de conxuntos urbanos policéntricos formados por vilas que establecen entre elas múltiples relacións e sinerxias e conforman espazos dinámicos cunha poboación cuantitativamente equiparable á de calquera cidade galega de tamaño medio pero cuns vínculos co territorio moito máis diversos.

Son ¨cidades subxacentes¨, en formación, cunha ¨masa crítica¨ que permite grandes potencialidades para xerar riqueza e servizos ós cidadáns.

¿Cómo debemos de abordar dende o mundo da arquitectura e da planificación do territorio estes espazos? ¿É factible unha planificación conxunta? E en todo caso, ¿con que nivel de intensidade? ¿consorcios? ¿plans supramunicipais? ¿fusións de concellos?